miércoles, 9 de octubre de 2013

Aeroportos everywhere

E así nos vai, e así imos. Non daremos aprendido nada, localismos everywhere. E coas disputas Coruña-Vigo, que coma todo neste pais bipolar de sempre, vainos deixar sen un aeroporto competente. Porque o final queremos un aeroporto por cidade, por pobo ou por aldea, ¡e duas estacións de tren! Queixamonos de Castellón, pero mira que igual non estamos tan lonxe. Caciquismo actual: "eu coma alcalade vouvos traer a porta da casa voos internacionais por riba de quen lle pese". E alí todos a aplaudir.

E non e que eu coma santiagués quero os voos pra Santiago, non vou falar da axeitada localización. A min coma se os poñen el Lugo. Pero non sei porque, pero penso que ter un aeroporto competente e con boas comunicacións e moito mellor que tres merdas de aeroportos. Pero claro eu que podo saber, en Santiago sen ter moitos pasaxeiros deulles por ampliar e poñer unha nova terminal, e van quitar os voos a Londres. Os mesmos que queren os da Coruña ou os de Vigo, onde a competencia con Porto non lles vai deixar crecer inda que queiran.

Pero bueno, eu disto non teño nin idea. Eu vivo aquí no medio, e supoño que a Vigo teñen que voar polas empresas e todo iso. Porque claro, cando vas a UK e vas pra Oxford (por exemplo) vas dereitiño sen pasar por London, ¿ou non?

Un aeroporo por empresa e por cidade e o futuro. Pais de pandeireta.



http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/vigo-coruna-pretenden-monopolizar-vuelos-consolidados-lavacolla/idEdicion-2013-10-09/idNoticia-831048/

1 comentario:

  1. Co novo trazado galego de ferrocaril perdimos unha nova oportunidade para solventar o problema aeroportuario galego, xa que non se planificou un AVE ou "tren de alta velocidade", que unise A Coruña e Vigo pasando polo aeroporto de Santiago, que permitise chegar en 25 minutos dende A Coruña, 30 min. dende Ourense e 40 min dende Vigo pasando por Pontevedra.
    Se ven o tempo entre Santiago e as outras cidades galegas veríase aumentado, xa que o desplazamento a Lavacolla sería obrigado para todo o que quisexe acceder a Santiago ou desprazarse dende a cidade, ninguén tivo os collóns de arruinar a sua carreira política levando a cabo esta proposta aínda que beneficia a maior parte de Galicia, e poidesemos prescindir de dous aeroportos o de Penianador e Alvedro co gasto asociado dos mesmos e até quizais do AVE a Madrid e todo o seu custe asociado que é brutal e non é prioritario nun Estado sen futuro onde a metade dos xovenes están no paro e parece que a culpa aínda e nosa.

    ResponderEliminar